20 oct 2009

"Corredores de sombra"

"Corredores de sombra non é a máis lida, nin a máis traducida nin a máis estudada das obras do prolífico mestre e escritor Agustín Fernández Paz. Pero si é a primeira das novelas galegas que aborda a temática da guerra civil e da represión da posguerra para un público xuvenil.
"Agustín Fernández Paz é, con toda seguridade, o escritor de literatura infantil e xuvenil máis lido de Galicia. Títulos seus, como Trece anos de Branca, Amor dos quince anos, Marilyn, Cartas de inverno ou As flores radioactivas, áchanse entre os máis reeditados, e o seu nome é unha referencia para todos os galegos e galegas de menos de 30 anos, para os que escribiu historias de diversos xéneros e fundamentalmente de aventuras. En 2006 publicou Corredores de sombra, que continúa moitas das liñas abertas na súa traxectoria anterior (personaxes mozos, dilemas morais, loita entre o ben e o mal, aventura e misterio...) pero coa novidade de presentar como pano de fondo a temática da guerra civil.
"A novela estrutúrase en 24 capítulos que responden a unha liñalidade narrativa practicamente total: sen máis saltos no tempo cós que ditan as narracións e lembranzas dos personaxes, a acción desenvólvese durante o verán de 1995. Quen narra a historia é Clara Soutelo, situada dez anos despois, cando algúns dos misterios da novela xa foron resoltos. Clara, a protagonista, tiña daquela dezaseis anos, escribía un diario e pasaba os veráns no pazo familiar. A partir dunhas obras de reforma na mansión, onde se descobre un esquelete emparedado, nace unha historia de pescuda na memoria e nos feitos históricos dunha pequena comunidade rural, Vilarelle..."
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.