27 jul 2009

"Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República"

Reprodución dunha das poucas imaxes que se conservan do poeta Antón Zapata García
A vida de Zapata entre a colonia galega non debeu ser fácil. Nacionalista galego e independentista, antifranquista e aliadófilo, a súa rexa personalidade tivo de aturar moitos sensabores e inxurias. "Poeta das sans rebeldías", chamoulle o estudoso Alberto Vilanova na biografía que lle dedicou na sua voluminosa obra Los gallegos en la Argentina. E de corazón e espírito rebelde foi Zapata, loitador desde ben mozo da causa da liberdade. Liberdade da súa patria asoballada para a que arelou días máis ventureiros traballando a prol da sua cultura, como socio protector do Seminário de Estudos Galegos, e da sua conciencia nacional na Agrupazón Nazonalista Pondal, formada nos anos vinte polos mozos emigrantes galegos que albiscaban unha Galiza independente e dona de si. E liberdade da humanidade aferrollada pola ameaza do nazismo e do fascismo, que o levou a cantar un Hino a Stalingrado e dedicar un poema á destrución de Gernika.
[O texto transcrito é o da presentación da editorial, da que é autor Xesús Torres Regueiro]
Edita LAIOVENTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.