23 mar 2009

"Do que estou a falar cando falo de correr"

O autor
No ano 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami (Kioto, 1949) tamén comezou a correr.
Ao ano seguinte percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila de Maratón. ¿Unha tolería? Non, tratábase dunha predisposición persoal ao coñecimento e á vida.
Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en probas de triatlón, o xaponés que decidiu vivir do conto --no senso máis respetábel desta expresión-- escribiu este libro, no que reflexiona sobre o que para el significa correr e como influíu na súa maneira de escribir.
Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os lugares aos que viaxa, todo isto e máis acompáñano nun relato no que escribir e correr se converten nun xeito de vida.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.