16 nov 2007

"Ao pé do abismo"

Ao pé do abismo é unhamostra da engaliolante prosa xornalística de Rosa Aneiros, e inclúe textos tan deslumbrantes como A última vaca, Premio Caixanova-Francisco Fernández del Riego de Xornalismo.Literatura e xornalismo, realidade e ficción. Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero o lector nunca sabe cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das apariencias, dos nomes.
Son retallos que navegan entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo.
Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na frouxeira. Das estadísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharaui.
Todas esas mentiras e verdades fican atadas tan só por un fío de herba. É un mollo de emoción que talvez permita atrapar por uns segundos o efímero e aturuxador cotío que sempre foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.