2 oct 2007

"O triángulo de Óscar Wilde"

O autor, Xerardo Agrafoxo
.Os relatos que compoñen este sorprendente libro, tinxido de exotismo e sensualidade, artéllanse ao redor dunha recoñecida frase de Óscar Wilde: «O triángulo é a figura clave da xeografía sentimental». Baixo esta transgresora sentencia, os protagonistas destas narracións desenvolven as súas historias nunha atmosfera ateigada de paixóns ocultas, emocións encontradas e relacións inconfesables.
Nove relatos tensos e vibrantes que gardan no seu contindo argumental espléndidos paralelismos coas controvertidas vidas de Virginia Woolf, Vicent Van Gogh, James Joyce e Nora Barnacle. Aventuras amorosas e exploracións sensoriais, a través de escenarios como Sicilia, Marrocos, Cornualles, Provenza, Yucatán e a Toscana, que nos lembran a capacidade esteticista e seductora dalgunhas paisaxes para conmovernos. O triángulo de Óscar Wilde é tamén unha aposta decidida do autor por amosar, a través dunha coidada e fermosa linguaxe, o seu amor pola literatura, as viaxes sen destino e os personaxes que coas súas arestas exhiben a xeografía dos seus sentimentos máis intimos.
[O texto reproducido é o da presentación do editor]
Edita LAIOVENTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.